Thursday 16 de May de 2024

Xornada de promoción do emprego autónomo no viveiro de empresas de Riveira


 

O viveiro de empresas de Riveira acolleu no día de onte unha xornada de promoción do emprego autónomo a iniciativa da Fundación Ronsel.

Impartido por Rafael Vázquez, técnico da devandita entidade, contou coa asistencia de oito persoas.

No transcurso da xornada tratáronse diversos contidos tales como as tendencias e modelos de negocio, como analizar a viabilidade dun proxecto empresarial, recursos e axudas para crear ou consolidar unha empresa, etc…